
Esta nova edición de Voces Con Fondo, a terceira producida por Agareso Radio en colaboración co Fondo Galego de Cooperación, achega as diferentes accións de cooperación que se desenvolven nos paises en vías desevolmento. Nesta ocasión, tamén se fai un repaso da cultura e as iniciativas sociaís promovidas por esta institución municipalista. Carmén Novas e Natalia Puga son as voces que profundizan nos fondos da solidaridade galega.
Os internos/as proseguen coa abordaxe de temas no espacio de En Otra Onda. Un tempo de tertulia producido nos estudios de A Radio (Centro Penitenciario de A Lama) e emitido no canle de Agareso Radio. Un encontro periodico que xa forma parte da programación cun amplio número de seguridores dende o seu nacemento, fai casi tres anos.
![]()
O 83 por cento dos policías de base de Afganistán son analfabetos e descoñecen as leis que teñen que aplicar e a maior parte deles son corruptos e abusan da súa posición. Intentar poñer fin a esta circunstancia que provoca que boa parte da poboación se sinta insegura e loitar contra a sensación de desamparo está agora en mans dun pontevedrés, o cabo primeiro da Gardia Civil Xoaquín Cortizo, que o pasado 12 de marzo se desprazou ata o país afgano dentro dunha misión policial da Unión Europea (EUPOL) que ten como obxectivo contribuír ao desenvolvemento e establecemento dunha policía moderna no país afgán.

Ucrania posúe, do mesmo xeito que España, unha rexión denominada GALICIA. Da tradución literal dos fonemas resulta o vocábulo "Galitzia" e quizais por iso, a conexión sexa aínda maior, a pesar do inxente volume de diferenzas, en todos os planos, que unen a ambas as zonas xeográficas.
![]()

A exposición de Intervida "El trabajo infantil en Bangladesh" pode visitarse no Centro Comercial Dolce Vita de A Coruña ata finais de septembro

O programa Vacacións en Paz, operativo dende hai 20anos, permite dar unha tregua aos nenos que viven nos campamentos de refuxiados do Sahara durante os meses de verán, cando as temperaturas roldan os 50 graos. As imaxes coas que Pelu Vidal retratou en 2008 a dous nenos saharauis en Sanxenxo e logo no seu fogar no deserto expóñense ata finais de agosto no centro social de Boiro.
Unha expedición de Agareso regresa a asociacion Atawassoul coa finalidade de reafirmar unhas brillantes relacione de cooperación e solidaridade a ambos lados do Estreito.
Neste novo encontro, se logrou integrar a este colectivo nunha rede de proxectos que serviran de plataforma de visibilixacion e sensibilización sobre diferentes contextos socais: Entre eles, os dereitos laborais e sociais da muller marroqui.

Asina o manifesto para que os líderes políticos non esquezan o seu compromiso coa loita contra a pobreza, o desenvolvemento humano e os ODM
Tras os recortes da Axuda Oficial ao Desenvolvemento, a Coordinadora de ONGD de España esixe aos líderes políticos e de goberno das administracións e institucións públicas que non se esquezan das persoas e que:
1.- Impulsen medidas de loita contra a crise que se dirixan prioritariamente cara aos responsables e causantes da mesma mediante a creación dunha taxa ás transaccións financeiras, medidas fiscais que recaian sobre quen máis ten e recortes que non actúen contra o gasto social e a economía produtiva.
2.- Reiteren o seu compromiso coa loita contra a pobreza, co Desenvolvemento Humano e cos Obxectivos do Milenio, mantendo os seus compromisos de Axuda Oficial ao Desenvolvemento tanto a nivel estatal como nas administracións autonómicas e locais nas que a participación e vinculación da sociedade civil coa cooperación ao desenvolvemento é aínda máis próxima e directa.
3.- E a aqueles dos nosos gobernantes e políticos -no estado, comunidades autónomas e concellos- que anunciaron medidas de recorte neste sentido pedímoslles que tomen conciencia dos seus actos. E das súas consecuencias. E rectifiquen.
Análisis |
Cooperación e solidariedade 2.0 en Galicia Alberto Quian. |
|---|
CORRESPONSALESNO EXTERIOR |
|
G. Bisau |
|
Mexico |
Demandan indígenas latinoamericanos Convenio Mundial para reconocer derechos campesinos |
Venezuela |
|
Ecuador |
|
![]()
Os estados da Unión ratificaron o pasado 17 de xuño a nova estratexia Europa 2020, sometida a debate en Santiago co obxectivo de loitar contra a pobreza e a exclusión.
O Servizo Galego de Saúde acaba de firmar un convenio coa Asociación de inmigrantes senegaleses de Ourense, representada polo seu presidente, Ibrahima Diouf, co obxecto de colaborar entre ambas institucións para a prestación de asistencia sanitaria aos 15 nenos e nenas menores senegaleses que acoden a Galicia por un período de vacacións de verán, a través dun programa de acollemento familiar supervisado polas autoridades autonómicas competentes e os servizos sociais municipais do Concello de Ourense. O programa desenvolverase do 7 de xullo ao 4 de setembro.
![]()
Máis de 800 menores inmigrantes levan 3 anos en Andalucía esperando resposta de Marrocos
Máis de 800 menores inmigrantes non acompañados continúan acollidos e baixo a tutela da comunidade autónoma de Andalucía tres anos despois da cal o Goberno español asinase co de Marrocos un acordo para axilizar a repatriación destes nenos que cruzan a fronteira dos seus países sen a compañía de persoas adultas, así como favorecer o seu acceso á educación.
En España recíclanse máis envases do que obriga a UE
Os españois reciclaron o 65,1 por cento dos envases lixeiros (plástico, latas e cartóns) e de cartón e papel en 2009, un 10 por cento máis do que dita a directiva da Unión Europea (UE), segundo o informe anual de Ecoembalajes de España (Ecoembes).
![]()
A presidenta da Fundación Vicente Ferrer, Anna Ferrer, destacou que grazas á solidariedade valenciana se construíron máis de 2.000 casas para 10.000 persoas no deserto de Anantapur (India), que transformaron tamén en terreos cultivables, e este ano prevén construír outros 300 fogares nos que vivirán máis de 1.300 persoas.
O bloqueo é o "principal obstáculo" para a vida humana en Gaza, segundo un novo estudo médico
O bloqueo imposto por Israel segue sendo "o principal obstáculo" para a mellora das condicións de vida na Franxa de Gaza, cuxa poboación experimenta "altos niveis de angustia, inseguridade e sufrimento social", segundo se desprende dunha serie de estudos monotemáticos elaborados sobre o terreo por un grupo de expertos médicos e publicados este venres pola edición dixital da prestixiosa revista médica británica 'The Lancet'.
Contacto | Aviso legal | Mapa do sitio |
![]()