Asina o manifesto para que os líderes políticos non esquezan o seu compromiso coa loita contra a pobreza, o desenvolvemento humano e os ODM
Tras os recortes da Axuda Oficial ao Desenvolvemento, a Coordinadora de ONGD de España esixe aos líderes políticos e de goberno das administracións e institucións públicas que non se esquezan das persoas e que:
1.- Impulsen medidas de loita contra a crise que se dirixan prioritariamente cara aos responsables e causantes da mesma mediante a creación dunha taxa ás transaccións financeiras, medidas fiscais que recaian sobre quen máis ten e recortes que non actúen contra o gasto social e a economía produtiva.
2.- Reiteren o seu compromiso coa loita contra a pobreza, co Desenvolvemento Humano e cos Obxectivos do Milenio, mantendo os seus compromisos de Axuda Oficial ao Desenvolvemento tanto a nivel estatal como nas administracións autonómicas e locais nas que a participación e vinculación da sociedade civil coa cooperación ao desenvolvemento é aínda máis próxima e directa.
3.- E a aqueles dos nosos gobernantes e políticos -no estado, comunidades autónomas e concellos- que anunciaron medidas de recorte neste sentido pedímoslles que tomen conciencia dos seus actos. E das súas consecuencias. E rectifiquen.
No seguinte enlace atópase máis información:http://www.solidaridad.org/uploads/documentos/documentos_MANIFIESTO_68ebc08d.pdf