AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)



"Agradecemos moito que voluntarias de Galicia se interesen polos nosos problemas e as súas posibles solucións"

Un grupo de voluntarias galegas da ONG Amarante participan, desde o pasado seis de xullo, nun programa de convivencia e intercambio cultural coas mulleres traballadoras do téxtil na cidade de Tanger. A iniciativa, ‘Xanela Aberta o Sur’, prolongarase por espazo duns vinte días. O profundo coñecemento da realidade social, laboral e cultural da muller marroquí son algúns dos principais obxectivos que se perseguen. Bubker O Khamlichi é membro da asociación local Atawassoul. A través deste colectivo, a organización galega canaliza todas as súas accións de cooperación no Magreb.

PONTEVEDRA, Juan de Sola/AGARESO

-¿Qué labor realizan o grupo de voluntariado galego na cidade de Tánxer?

Pretendemos que coñezan en profundidade a situación da muller traballadora nesta zona de Marrocos. Un alto porcentaxe das mulleres están empregadas nun sector como o téxtil. As actuais condicións non permítenlles desenvolver importantes proxectos de futuro a nivel persoal. Por iso, creamos este programa de convivencia e intercambio cultural. A alfabetización e a formación son ferramentas fundamentais para o seu desenvolvemento persoal. As voluntarias galegas poden contribuír neste aspecto á aprendizaxe dunha nova lingua, ademais informarlle sobre as condicións da muller en España. Cremos que esta acción pode ofrecer resultados moi positivos aos dous partes implicadas.

-¿De qué forma foi estruturado o programa de convivencia e intercambio cultural?

Cremos que integrando a cada voluntaria na casa dunha obreira, o contacto coa realidade social é moito máis perceptible. As cooperantes galegas van vivir nas mesmas condicións, polo tanto, rexistrasen a experiencia con maior proximidade. Despois, cada día, presentarémoslles accións sociais que diferentes colectivos realizan nesta zona: programas de alfabetización, formación, atención e asistencia a nais solteiras, situación dos dereitos humanos. Son varios témalos que desexamos plantearles da nosa sociedade. Valoramos moito que voluntarias de Galicia interésense polos nosos problemas e os seus posibles solucións.

-¿Cal é o papel de organizacións como Amarante e outras ong's en Marrocos?

A cooperación internacional, en concreto a española con colectivos como Setem ou Amarante, son esenciais para o desenvolvemento da sociedade para unha modernización. A solidariedade que chega do exterior permite non só abordar situacións relevantes senón que inxecta moral, neste caso, ás mulleres que loitan por ter un progreso real. Esta cooperación outorga maiores doses de confianza e apoio ás mulleres traballadoras.

-¿En qué punto se atopa a busca dunha maior xustiza social na zona?

Dá a sensación que sempre partimos de cero. Parece que iniciamos un longo camiño para unha sociedade máis xusta, pero o neoliberalismo e outra serie de condicións sitúan o listón moi alto. A patronal sempre quere máis beneficios e mostra poucas intencións de conciliar os xuros empresariais coa xustiza social. Isto ofrécenos un panorama difícil, pero non imposible. Se vai loitando e intentando. O camiño nunca é branco ou negro. Esperamos que esta xeración de mulleres acade o seu obxectivo de vida. Ás veces, a estratexia de loita a nivel individual por parte da muller é máis efectiva que a colectiva.

-Nas últimas décadas, realizouse un fenómeno migratorio do ámbito rural ás grandes cidades de Marrocos, ¿que xuízo lle merece?

Ese xuízo non ten unha lectura, a miña entender, ten varias. Unha delas centralizaríaa no problema que significa unha alta migración de persoas ás zonas industrializadas e de maior modernización, porque as posibilidades do mercado socio-laboral tamén son limitadas. É dicir, ás veces non se pode responder con emprego para todo o mundo. Pero, ademais, creo que nesas tendencias migratorias, se lográsemos dignificar o campo laboral, obteriamos importantes avances na sociedade do noso país. A muller tivo unha gran incidencia neste fenómeno, un papel decisivo, pero as súas condicións actuais, repito, distan moito das desexadas. Lembremos que, en ocasións, soporta a responsabilidade de atraer a membros da súa familia ás grandes cidades sen as suficientes garantías de vida.

- En resumo, ¿cómo definiría o futuro da muller traballadora en Marrocos?

Creo que o futuro da muller traballadora no noso país, asegurando algunhas condicións como a formativa, organizativa e mobilización pode constituír o motor de modernización desta sociedade. Sen estes factores, a muller neste país non pode afrontar a complexidade que supoñen cambios substantivos na sociedade, buscando unha dignificación da súa situación en diferentes ámbitos.


Volver arriba

Contacto | Aviso legal | Mapa do sitio |