AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)



“Necesitamos un Foro Galego sobre Soberanía Alimentaria”

 

Compostela/AGARESO/ Estrella L.-  Xulio Rodríguez Lorenzo, da asociación Veterinarios Sen Fronteiras foi un dos invitados a participar no debate sobre o consumo responsable que organizou o Foro Social Galego.

Veterinarios Sen Fronteiras teñen claro que hai que traballar para conquerir un consumo responsable no Norte que non dane ó Sur. O mesmo tempo hai que formar ás novas xeracións e hai que conseguir que os pobos teñan unha auténtica soberanía alimentaria.

- Traballades coas novas xeracións…

- Efectivamente. Estamos a desenrolar proxectos de educación no desenvolvemento en escolas facendo obras de teatro infantil e obradoiros concretos con linguaxes que poidan asimilar ós rapaces para que entendan cómo se consumo no Terceiro Mundo e como estamos a consumir aquí, no Norte. Tamén lles facemos entender o que supón este tipo de consumo: traslados de campesinos, efectos medioambientales por sobre explotación, violencia armada, degradación do entorno polo uso de pesticidas. Queremos que entendan que hai outras vías de consumo, máis responsable e menos agresivo.

- E tamén traballades en redes.

- Sí. Estamos centrados en facer actividades en relación coa Iniciativa Pro Soberanía Alimentaria dos Pobos xunto con Verdegaia, Amarante e o Sindicato Labrego. O seu obxectivo final é conquerir un foro galego sobre a soberanía alimentaria onde poidan participar productores, consumidores e todo tipo de organizacións ecoloxistas e ONGs. Antes de chegar a ese foro pretendemos realizar toda unha serie de xornadas para darnos a conocer entre todos os que estamos a traballar neste eido e así facilitar ese foro.

n- ¿De qué tipo de actividades estamos a falar?

- Son actividades orientadas a universitarios de carreiras relacionadas coa producción de alimentos. Tamén invitamos a participar nelas ó Sindicato Labrego Galego, a organizacións de consumidores, etc, para facerlles reflexionar sobre ás repercusión do modelo agro-industrial, tanto no norte como no sur, e que vexan que hai outras oportunidades e visións que tamén merecen a pena de ser tomados en conta dende unha perspectiva técnica e non somente teórica, onde xa hai moito avanzado. Queremos levalas á práctica e para iso son moi importantes os novos profesionais. A vez, tamén estamos apoiando proxectos de producción de alimentos traballando con asociacións de campesiños.

- ¿Resulta difícil este traballo de concienciación?

- É fácil contactar coa xente e coas organizacións, porque son moitos os puntos en común que temos uns e outros. Sen embargo, a falta de medios materiales e humáns sí o complica todo. O final acabábamos sempre sendo os mismos nos mesmos foros. O difícil, por tanto, é implicar a máis persoas nestes asuntos e niso temos que por todo o noso esforzó.

- Falando de consumo, supoño que é unha obviedade dicir que é necesario un cambio nos nosos hábitos. 

- A idea do consumo responsable non é maioritaria entre a ciudadanía xeral, aínda que sí é unha idea que vai calando cada vez máis entre as distintas asociacións, é dicir, entre a sociedade organizada, activa. E iso é xa un paso adiante nesta labor.

- Pero non podemos esquencer que as multinacionais están ahí…

- Sí, e de feito,  están a utilizar o termo de seguridade alimentaria (entendido como ter cada vez máis controlados hixiénicamente os alimentos) como excusa para controlala producción dos alimentos. Para nós, a seguridade alimentaria comezaría, en primer lugar, por permitir que todolos seres humáns teñan acceso ós alimentos. 

- E ante iso, ¿qué saídas temos?

- En primeiro lugar, o contacto directo entre o productor e o consumidor, pero esto ten as súas limitacións. Para solventalo, os gobernos e as administracións deben ter control e capacidade de decisión sobre a producción limitando os monopolios e o control excesivo de canales de distribución e canalización. Pero a mellor solución sería xerar estratexias entre tódolos sectores implicados. Ten que haber máis alternativas.



ENTREVISTAS ANTERIORES

“Cruzando de noite as fronteiras de Benin con destino a Costa de Marfil”

Duncan Green, de Intermoon Oxfam: "Podemos acabar con esta desigualdade obscena"

"Calquera discapacidade no terceiro mundo supón unha marxinación."

Bendir Hadya: "Prefiro morrer defendendo a miña terra que vivir baixo a represión."

Claire Trichot: "Hai moitos nenos que non coñecen o significado do concepto familia e fogar."

Haydee Castillo: "Para nós, os especialistas médicos non son un dereito, son un luxo."

Bubker O Khamlichi: "Agradecemos moito que voluntarias de Galicia se interesen polos nosos problemas e as súas posibles solucións."

José Ángel Abraldes: "O camiño avanzado en España é un orgullo para os discapacitados visuais."

Carlos Estévez: "Sería honrado explicarlle ó público que non estamos facendo xornalismo"

Sinaí Giménez: "¿Onde están os paios que se manifestan contra a droga en O Vao cando chega un barco cargado de cocaína?"


Volver arriba

Contacto | Aviso legal | Mapa do sitio |