AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)



“O Xanela provoca que as persoas incluso cheguen a incorporarse á estrutura de Amarante”

 

Entrevista con Ainara Legarreta, responsable do departamento de Comercio Xusto da ONG Amarante

 

PONTEVEDRA/Estrella López/AGARESO. - A Ong Amarante é das organizacions con maior experiencia que operan desde Galicia en materia de solidariedade, voluntariado e cooperación. Conta con delegacións nas principais cidades do territorio. Canaliza os seus principais proxectos para países como: Brasil, Ecuador e Marrocos. Cada ano, gracias ao programa ‘Xanela Aberta ou Sur', unha selección de perto de 20 persoas asume o papel de axentes sociais da organización, primeiro no sur e posteriomente no norte.

-¿Cal é a historia que rodea ao programa ‘Xanela Aberta ou Sur'?

Foi creado, paralelamente, ao nacemento Amarante. Fundamentalmente, por que o noso interese sempre se centro na sensibilización e educación, por riba de envíos de recursos materiais, económicos ou tecnolóxicos. Parécenos importante que a xente sexa a portadora de información, de acordo coa súa experiencia no país onde permanece por un período máximo dun mes, habitualmente, na temporada de veran.

-¿Cómo se logra que os voluntarios asimilen a información útil e necesaria para coñecer realidades de países do sur?

Convivindo e integradas en comunidades deses países onde realizamos un proxecto determinado de desenvolvemento. Con esta fórmula, lógranse dous obxectivos: o coñecemento de realidades concretas e un activo de información ao seu regreso a Galicia.

-Pero, vehiculizar este programa ata o destino final, precisará dunha complexa infraestrutura? SUSO REGAL

Na traxectoria do programa ‘Xanela', sempre tivemos moi presentes organizacións e o tecido asociativo do país, onde nos propoñemos cooperar. Inicialmente comezamos, no Brasil, traballando en coordinación coa MSetem, experiencia que nos permitiu expandirnos a Ecuador con MCCH e, máis recentemente en Marrocos coa asociación Atawassoul.

-Para integrarse e convivir nunha comunidade cunha cultura e circunstancias diferentes ás dos países do norte, é necesario algún ciclo formativo?

Se, este programa ten dúas fases moi marcadas. A primeira céntrase nunha serie de cursos e seminarios formativos que serven de introdución á persoa no campo da solidariedade, cabe dicir que non é un proceso de formación moi denso. A segunda fase dedícase exclusivamente á convivencia e avaliación de aptitudes que desenvolvemos durante unha fin de semana. Ademais, autoanalizamos as conductas de cada persoa en hábitos de consumo, respecto e achegas persoais ao marco solidario.

- ¿Cuántas experiencias de ‘Xanela Aberta' sumamos este ano?
 Esta é a novena edición deste programa. As tres últimas, logramos mobilizar a medio centenar de persoas interesadas, viaxando a final vinte persoas. En total, perto dun centenar de voluntarios galegos participaron no noso programa.

SUSO REGAL-¿Cómo se organizan os grupos?, Que criterios se aplican á hora de realizar unha selección?

Despois dos ciclos formativos, moitas das persoas que realízano por diversos motivos como o económico ou laborais, se acaba reducindo nun 50% o número de voluntarios que teñen dispoñibilidade de viaxar. A partir de aí, estruturamos os grupos en función dos países e os meses do período de verán escolleitos.
-¿Pódese medir o grao de utilidade que ofrece a integración dos voluntarios en comunidades con desigualdades e situacións precariedade?

Para nós é moi importante que cumpran todas as fases. Cando a persoa regresa da súa experiencia, o que lle pedimos é que transmita divulgue con charlas que facemos por Galicia a percepción que adquiriu desa realidade na que se integrou. Neste sentido, tivemos resultados moi interesantes. Temos importantes expectativas coa participación.

-¿Os cidadáns do sur como se benefician deste labor que desenvolve o programa ‘Xanela' na súa realidade?

Por exemplo, nos casos de organizacións como M-Setem ou Atawassoul, Brasil e Marrocos, respectivamente, necesitan un amplificador para poder expandir as súas reivindicacións e as súas denuncias. Por iso, o seu máximo interese é que existan máis persoas comprometidas para lograr os seus obxectivos con presións que non proceden só do interior dos seus países, un aspecto que pode ser fundamental nunha determinada decisión política ou social. En Ecuador, o colectivo Maquita, ten outra óptica: difundir o coñecemento do comercio xusto desde o inicio da cadea.

-Aquelas persoas que colaboraron, nunha primeira ocasión, no programa, repiten a acción?

É normal, regresar moi reforzados no seu concepto e sensibilidade pola práctica da solidariedade. En anos anteriores, o Xanela provoca que as persoas incluso cheguen a incorporarse á estrutura de Amarante. Para nós é relevante, porque marca un compromiso estratéxico cos países do sur.



ENTREVISTAS ANTERIORES

A Odisea de Yusuf na súa viaxe ó norte

“Necesitamos un Foro Galego sobre Soberanía Alimentaria”

“Cruzando de noite as fronteiras de Benin con destino a Costa de Marfil”

Duncan Green, de Intermoon Oxfam: "Podemos acabar con esta desigualdade obscena"

"Calquera discapacidade no terceiro mundo supón unha marxinación."

Bendir Hadya: "Prefiro morrer defendendo a miña terra que vivir baixo a represión."

Claire Trichot: "Hai moitos nenos que non coñecen o significado do concepto familia e fogar."

Haydee Castillo: "Para nós, os especialistas médicos non son un dereito, son un luxo."

Bubker O Khamlichi: "Agradecemos moito que voluntarias de Galicia se interesen polos nosos problemas e as súas posibles solucións."

José Ángel Abraldes: "O camiño avanzado en España é un orgullo para os discapacitados visuais."

Carlos Estévez: "Sería honrado explicarlle ó público que non estamos facendo xornalismo"

Sinaí Giménez: "¿Onde están os paios que se manifestan contra a droga en O Vao cando chega un barco cargado de cocaína?"


Volver arriba

Contacto | Aviso legal | Mapa do sitio |