Redacción (Agareso).- Os estados da Unión ratificaron o pasado 17 de xuño a nova estratexia Europa 2020, sometida a debate en Santiago co obxectivo de loitar contra a pobreza e a exclusión.
EAPN Galicia alertou durante unhas xornadas desenroladas na capital galega da necesidade de que os estados membros materialicen os obxectivos europeos en políticas eficaces de loita contra a pobreza e a exclusión social.
O actual contexto de crise global ameaza con acentuar as desigualdades sociais e compromete a eficacia das políticas públicas de loita contra a pobreza e a prol do emprego. Como afirmou o presidente de EAPN España, Carlos Susías, a estratexia Europa 2020 está excesivamente centrada en combater o desemprego, descoidando
outras importantes políticas activas de inclusión.
“O emprego é fundamental para o logro deste obxectivo, pero precisa ir acompañado
doutras políticas de protección social e de garantía de rendas mínimas”, afirmou o
presidente de EAPN‐Es.
Neste senso, EAPN considera que o crecemento económico non é en si mesmo
garantía de cohesión social. Un dos riscos da actual estratexia Europa 2020 é que
insiste nesta idea, que xa propiciara o fracaso da anterior Estratexia de Lisboa.
Para Susías, as políticas europeas dos últimos dez anos fracasaron incluso durante a
etapa de crecemento económico. A chegada da crise acentuou a falta de recursos,
pero “comprobamos que si había vontade para salvar os bancos”. Estes recursos,
continuou, “acabáronse xusto cando dixemos que tamén había que salvar ás persoas”.
En época de crise, as políticas sociais non poden verse minguadas.
Para EAPN, as entidades de acción social deben estar presentes non só nos enclaves
relativos á inclusión social, senón tamén naqueles onde se definen políticas de
desenvolvemento económico. Carlos Susías afirmou que “todos os membros da
sociedade civil temos capacidade para influír nas políticas contra a pobreza”, por iso as
administracións teñen a obriga de facilitar as canles de participación.
Este diálogo entre administracións e entidades sociais quiso analizar a maneira
en que afectarán e se aplicarán en Galicia as novas políticas da Europa 2020.
Por último, as persoas participantes no seminario integrarán distintos grupos de
traballo nos que se abordará a seguinte cuestión: “Inclusión activa: como
empoderamos os nosos participantes para seren competitivos no mercado de traballo?”.
Medio cento de participantes de organizacións sociais, políticas e sindicais elaboraron nestas sesións un documento de conclusións do que se fará lectura ao
remate da xornada. Este documento formará parte do informe de conclusións que
EAPN Galicia entregará en datas vindeiras á representación política galega e local.
A Rede Galega contra a Pobreza nace en setembro de 2008 coa finalidade de agrupar e aunar os esforzos das entidades galegas do terceiro sector implicadas na loita contra a pobreza e a exclusión social, a través da defensa dos dereitos e a participación social plena destes colectivos.
EAPN‐Galicia é membro da Red de Lucha contra la Pobreza y la Exclusión Social en el Estado Español (EAPN‐ES) e forma parte da European Anti Poverty Network ‐EAPNunhacoalición independente de ONG e outros grupos involucrados na loita contra apobreza e a exclusión social nos estados membros da Unión Europea.
Está formadapolas seguintes entidades: Fundación Secretariado Xitano, Fundación Meniños, CruzVermella, Down Galicia, Asociación Plataforma polo Emprego, FEAFES: Federación deAsociacións de Familiares de Enfermos Mentais de Galicia, COGAMI: ConfederaciónGalega de Persoas con Discapacidade, IGAXES3, Emaús Fundación Social, CáritasDiocesana de Ourense, Cáritas Diocesana Tui‐Vigo, Federación Autismo Galicia,Asociación Galicia Acolle, ACCEM Galicia.