As toneladas de formigón agochan as miserias de quen abatiron a base de violencia as ilusións dos catrachos, os hondureños aos que as maras rouban a liberdade. A vida é, para os precursores dos Lating Kings, un puñado de lempiras. Se comercia con ela, é un descarado obxecto de troco que chega a converterse en algo miserable.
PONTEVEDRA, Luisa Pérez/AGARESO.- Decenas de integrantes de ‘a 18', unha das maras máis potentes de Centroamérica, organizan o sistema de funcionamento dunha cárcere próxima á capital hondureña. O Goberno constrúe o inmenso edificio. A partir de aí, todo parece depender da mafia, que se encarga de manter unha disciplina que ninguén se salta. O Estado encérraos entre muros. Pero dá a impresión de que, a partir de aí, lávase as mans.
Visitar < cárcere é unha tortura para calquera muller: a consigna é evitar a entrada de drogas. O que non ten nada que temer porque non é portador de substancias tóxicas sente o mesmo ou máis medo que o que introduce estupefacientes. As gardas examinan os corpos e, cando o deciden, as visitantes obteñen luz verde para acceder ás instalacións.
O volume de información é tan inmenso no momento no que se abre o portalón que costa traballo procesar os datos. O máis importante: dentro non hai seguridade. Un voluntario catalán, que é valente e sonríe perante todos os problemas cos que nos topamos, perde a cor da cara. Case só diante do perigo, pensa que acaba de chegar a unha pequena illa estadounidense: así dano a entender a roupa dos presos, a súa forma de falar e de desenvolverse, os graffitis das paredes.
Cada tatuaxe, cada pintada, cada símbolo e cada postura dos internos fai referencia a un número, o 18, que lles roubou a súa identidade e ao que se refiren con devoción. Cinco números marcan un abismo: o que hai ata outra prisión, na que conviven os de ‘A 13'. O sistema penitenciario mantén separados a dous grupos criminais que se odian.
Di a lenda que é imposible abandonar unha mara. Ao conversar con eles (todos mostran gran interese por España e, curiosamente, pola monarquía) un pensa que son persoas, que non tiveron oportunidades e que por iso convertéronse en criminais. Ao afastarche da prisión e entrar nun barrio do centro, unha muller pídeche que lle tomes unha foto cos seus dous bebés para enviársela ao seu marido, que conseguiu superar Cidade Juárez e entrar a USA grazas aos coyotes. Vas a entregársela ao día seguinte:
- Pregunto por unha muller que estaba aquí o mércores, con dous nenos pequenos- explicas a calquera.
- Esa muller morreu onte. Matouna a mara.
Entón vomitas e xuras que nunca máis levarás xantar á prisión.