O erudíto danes Nikolaj Grundtvig inspirou esta iniciativa social que utiliza a autobiografía como instrumento de reproxectación trala experiencia penitenciaria. O traballo se fai con persoas privadas da liberdade por estar internas, ben en centros penitenciarios ou en centros de menores. O Proxecto está formado por socios de diferentes países: Francia, República Checa e España. Máis concretamente, dende a EPAPU de Ourense son mozos e mozas dos centros de rehabilitación de Monteledo e Montefiz os benefeciarios dun programa bautizado como Proxecto Grundtvig 'Corazón Afastado'.
OURENSE, P. González/AGARESO.- A actividade autobiográfica convirtese no principal pilar para favorecer a reflexión sobre o pasado e o futuro que permita traspasar os robustos muros dunha penitenciaria. Partindo do interior do cárcere, fomentase a escritura para exercitar a comprensión, expresar esperanzas e desexos, para dar un sentido ao tempo que pasa despacio, reflexionando sobre o pasado e imaxinar unha experiencia distinta. Esta clase de desenvolvemento intelectual, nos lugares de reclusión, é unha forma de creatividade que axuda a sobrevivir e a buscar un espacio de liberdade, casi real. Convértese nun instrumento para o descubrimento de novos mundos e novas formas de expresión do propio ser.
O Proxecto ten a intención de reunir experiencias maduras rexistradas na prisión. A través de narracións das vivencias dos propios protagonistas, que combinan o sufrimento da reclusión, persiguen habilitar unha expectativa ao seu mañá. Para intentar reunir estes mundos, empregando diversos xéneros como o conto, a carta, a poesía, a música, a fotografía, ou o vídeo. O remate deste laboratorio autobiográfico será elaborada unha síntese do material reunido tanto en papel como en soporte multimedia para ser difundida en diversos centros e internet.
Este espacio de creación transformado nun proxecto literario ten, inicialmente, dous anos de duración, nos que unha palabra burlará todos os sofísticados sistemas dun centro penitenciario de alta seguridade para abrazarse coa liberdade de expresión.