José Augusto Mendonça, Guinea Bissau.-Guinea-Bissau presenta un elevado nivel de analfabetismo. Pero esta situación está a intentar ser atallada dende diversas frontes.
A ONG Plan Guinea-Bissau está colaborando coas autoridades para a posta en marcha de colexios en diversos lugares do país. Ademais, o Goberno pretende converter a educación en obrigatoria para todos os nenos maiores de seis anos.
Aínda así son moitos os problemas aos que se enfronta este país para lograr unha boa escolarización: falta de canalización de auga, de luz para as escolas, de profesores para cubrir as prazas docentes e, en especial, de concienciación entre a poboación sobre o importante que é o coñecemento e a formación.
Un ejemplo de todo o anterior é Gabú, no leste de Guinea-Bissau. Trátase dunha das peores rexións en termos de alfabetización, pois de acordo coas estatísticas, máis do 94 por cento da súa poboación non sabe ler e escribir.
"Isto demostra a urxencia de que os veciños desta zona se esforcen en aprender a ler e a escribir e que envíen aos seus fillos á escola", instou o Administrador de Sonaco, na rexión de Gabú, durante a cerimonia de inauguración de dúas escolas, unha rehabilitada e outra construída de raíz, pola ONG Plan Guinea-Bissau.
A cerimonia contou coa presenza do Ministro de Educación, Artur Silva, coa representante residente da ONG Plan-Guinea-Bissau, Ingrid Kufeldt, o gobernador da rexión de Gabú, Pedro Moreira Embaló e coas autoridades administrativas e educativas daquela rexión.
Para Paulo Gomes Có, o maior problema baséase na falta de escolas que poidan acoller nenos e adultos.
"É por iso que nos satisfai enormemente a inauguración destas escolas, cuxa construción contou co financiamento da ONG que opera nas rexións de Bafatá e Gabú," manifestou o responsable administrativo que non esqueceu subliñar a colaboración prestixiosa das autoridades locais na edificación das dúas infraestruturas.
O gobernador da Rexión, Pedro Embalo, na súa intervención evocou o Ministro da Educación sobre a necesidade de construción de escolas de ensino secundario en Sonaco e Tola e sobre a necesidade de proporcionar auga canalizada aos establecementos de ensino existentes naquelas localidades, así como dotalas de máis profesores.
"Xulgamos que só así poderase mellorar a calidade do ensino, suscitando máis interese dos nenos no sistema de aprendizaxe na rexión", presumiu Pedro Embaló, quen tamén subliñou que, ao contrario que no pasado, hoxe en día o número de rapazas que van á escola supera á dos rapaces, "algo que considero importante e esperanzador".
A concluír, agradeceu a Plan polo xesto e exhortou o Ministro para non descuidar a tan prometida educación de adultos, un programa cogitado polo goberno e que espera implementación a partir do inicio do ano próximo. Aconsellou a poboación adulta que non saben ler e escribir, para que adhiran masivo o referido proxecto que "en 4 meses volve un analfabeto en persoa que sabe asinar o seu nome".
Falsificación de datos
Non obstante, o gobernador lamentou a denuncia recibida no seu departamento na que se subliña que algunhas escolas falsificaron os datos para recibir así máis número de alimentos para o programa de cantina escolar, apoiado este no ProgramaAlimentar Mundial.
"Como forma de por cobramento esta situación creamos un gabinete de seguimento e avaliación solicitando a colaboración de todos con este gabinete, no sentido de apurar con exactitude os datos das infraestruturas e recursos financeiros, humanos e patrimoniais da educación da rexión,".
Na súa intervención, o Ministro manifestou a súa satisfacción por aquilo que constatou no terreo, é dicir o feito de que os pequenos das periferias de Sonaco saben xa interpretar correctamente o himno nacional. "Isto demostra o nivel dos traballos en circulación na rexión e no sector de Sonaco en particular", eloxiou Artur Silva.
Clasificou de "problemas de fondo", as preocupacións levantadas polos alumnos e profesores durante o breve encontro que mantivo con estes e prometeu enviar o máis rapidamente posible materiais didácticos para as escolas de Sonaco.
Agradeceu a Plan polo seu apoio na construción destas infraestruturas e advertiu as autoridades administrativas e tradicionais para que saiban conservalas, combatendo o roubo dos seus materiais, tal como está a acontecer en certas localidades do país.
O aumento do número de rapazas en relación ao dos mozos que frecuentan a escola en Sonaco e, consequentemente, en toda a rexión de Gabú, mereceu o eloxiou do gobernante de Guinea-Bissau que dixo estar satisfeito polo feito.
Pídolle encarecidamente aos pais que envíen aos seus fillos á escola, incitou o Ministro da Educación referíndose sobre todo ás crías en idade escolar. Ademais,
anunciou que o ano próximo o Goberno vai aprobar unha lei que determinará que todos os nenos a partir dos 6 anos estarán obrigados a ir á escola.
780.000 analfabetos
Artur Silva citou estatísticas do empadroamento de poboación e a vivenda recentemente levada a cabo en todo o país, que demostran que 780 mil guineanos (dos máis de 1.5 millóns que viven neste país), non saben ler nin escribir.
"O país non pode progresar con persoas analfabetas", constatou o Ministro quen anunciou que ante esta situación tan alarmante, países como Cuba, Xapón e outros, se dispuxeron a apoiar un proxecto para alfabetización de adultos na rexión de Gabú a partir do ano próximo.
En canto ao problema de falta da auga nas dúas escolas recén inauguradas, Artur Silva comprometeuse a solucionar a situación creando condicións para que os nenos poidan observar a hixiene necesaria co líquido precioso. En canto á falta de iluminación, asegurou ter tomado nota que posteriormente será remitida ao plenario gobernamental para encontrar solución.
No que concirne á falta de profesores, que se está a constatar na rexión, o Ministro prometeu que o executivo vai abrir un concurso público para o recrutamento de profesores que despois serán trasladados ás áreas nas que fan falta.Para concluír, Artur Silva recoñeceu que o sistema educativo de Guinea-Bissau posúe moitos erros que necesitan ser corrixidos, pero cuxa solución non dependerá só do goberno, senón de que os profesores estean tamén á altura das súas funcións, pais e encargados de educación e alumnos.
REPORTAXES ANTERIORES
O CAMBIO CLIMÁTICO S.O.S.: Golfo de Fonseca
Guinea Bissao: los “Medicamentos de Morte”
“A Violencia de xénero non xurde na parella dun día para outro”
Solidaridade con Ucrania dende Salvaterra do Miño
"Eu non o repetiria. Non paga a pena."
Surcando o ceo para axudar con ALAS SOLIDARIAS
Guinea Bissau crea “A Casa da Nai” para disminuir a mortandade infantil
Cuatro gallegos siguen el camino de la solidaridad hasta Mongolia
Endulzando la mañana con Mermelada de Guayaba
A adopción especial, unha opción solidaria
A cultura do comercio xusto marca un novo ritmo en Galicia
Testemuños no primeiro comedor para parados de España
Saúde pública ameazada pola falta de colaboración institucional en Guinea Bissau
Aldán, un porto para a esperanza
Loita contra os inimigos da saúde física e mental
Bombeiros galegos solidarios co Perú
Do caiuco ao epicentro do terremoto financeiro
Autismo-Ourense: da utopía á realidade
Terra Santa, onde as flores están prohibidas
Cooperación de banda ancha no 60 aniversario dos dereitos humanos
Pequenos concellos de Ourense con inversions nos ‘Bancos de Tempo’
Mellorar a policía afgana para dar maior seguridade á poboación
A sociedade ourensana orfa dun ser excepcional
O laboratorio autobiográfico da liberdade
Contos para formar pequenos cooperantes
Obxectivo Kenia: nacer sen VIH
Cando Galicia toca o corazón do Sáhara
¿Está deshumanizada a Xustiza do século XXI?
Recios estereotipos distancian as mulleres africanas das europeas na filosofía de vida
Voluntarias galegas remiten unha epistola dixital con aires da outra beira do estreito
Os “piratas do mar” danlle a volta á lenda
Em vésperas do novo congreso mundial sobre VIH/Sida na Cidade de México
"La Mara 18": Cando os presos fanse co control da prisión
A Asociación Juan XXIII: "Viaxe ata o medio século de compromiso no planeta da integración
O envés do top manta, segundo Cunqueiro